PUBLICAMOS O SEGUNDO NÚMERO DE CRITICONSUMO, unha publicación nacida co obxectivo de avaliar con carácter crítico a actualidade do sector.

Neste segundo número abordamos o tema do desperdicio alimentario desde a sección A Fondo. Os Diálogos de Comsumo da man do novo director xeral de comercio e consumo da Xunta afondan nas liñas estratéxicas deste departamento. As colaboracións deste número abordan a situación e problemática actual dos chamados alimentos Plant-Based (Voces) e a protección penal do consumidor en Internet da man do Fiscal Xefe de Santiago de Compostela (En Análise).

Podes ler o segundo número de Criticonsumo AQUÍ

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar